2 sep. 2008

exposición de arte postal, pola Liberdade de Expresión



Ola a todos, despois de superar todas as tormentas e os avatares propios da organización de actividades culturais, por fin, imos inaugurar a segunda exposición de Arte Postal, pola Liberdade de Expresión, da que recibiredes o catálogo en breve para que quede constancia na memoria colectiva, a data prevista é o xoves día 21 de agosto ás 18:00 horas, á que estades todos invitados. A participación nesta segunda exposición estendeuse polo mundo, o que a fai máis diversa e plural, son 133 obras as que viñeron desde Portugal, Brasil, Arxentina, Venezuela e de España na súa diversidade xeográfica, destacando as Comunidades Asturias, Madrid, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Illas Baleares e Galicia a todos o noso máis sentido agradecemento. Grazas pola vosa colaboración e por ter contribuído a construír unha sociedade máis libre coas vosas expresións artísticas e literarias.



Hola a todos, después de superar todas las tormentas y avatares propios de la organización de actividades culturales, por fin, vamos inaugurar la segunda exposición de Arte Postal, por la Libertad de expresión, de la que recibiréis en breve el catálogo para que quede constancia en la memoria colectiva, la fecha prevista es el día 21 de agosto a las 18:00 horas, a la que estáis invitados. La participación en esta segunda exposición se extendió por el mundo, lo que la hace más diversa y plural, son 133 obras las que vinieron desde Portugal, Brasil, Argentina, Venezuela y de España en su diversidad geográfica, destacando las Comunidades de Asturias, Madrid, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Islas Baleares y Galicia a todos nuestro más sentido agradecimiento. Gracias por vuestra colaboración y por haber contribuido a construir una sociedad más libre con vuestras expresiones artísticas y literarias.



Francisco Oti Ríos, Animador Sociocultural. -- Casa da Xuventude de Chantada Rúa Rosalía de Castro 1 27500 Chantada LUGO ESPAÑA Tlf+fax 00 34 982 441 614

No hay comentarios.: